A vestimenta romana:

As orixes de Roma.

Pegadas dos Romanos en Galicia.

jueves, 11 de abril de 2013

Viaxe a Roma.



                   - Viaxe a Roma 2013.

O curso 4º da ESO ten organizada unha viaxe a Roma de 5 días para coñecer o lugar e os monumentos máis importantes.
A organización é a seguinte:

      - Luns 10 de xuño: chegada as seis da tarde e ruta guiada polas principais rúas e avenidas para coñecer a cidade.

      - Martes 11 de xuño: as 10 da mañá visita ao Coliseo e despois ruta pola Via dei Fori Imperiali para acabar chegando a Plaza Venecia. Alí pasaremos o medio día e a partir das tres da tarde iremos a visitar O Quirial, o Arco de Constantino e pola noite a Fonte de Trevi.

      - Mércores 12 de xuño: saída do hotel as 10 da mañá e visita á Via dei Condotti, onde veremos a Fonte da Barcaccia, situada na Praza de España. Seguiremos o curso pola via ata chegar a cruzarnos coa Via del Corso, onde xantaremos todos xuntos. Pola tarde colleremos un bus para ir a visitar a Pirámide Cestia e despois a ponte de Sant'Angelo.

      - Xoves 13 de xuño: saída do hotel as 10:30 da mañá e visita a Plaza Navona, onde se lle deixará tempo ao alumnado para que anden libres e vexan a plaza e al rededores por si mesmos cun toque de queda as 12:30 para ir a Via della Conciliazione. Pola tarde colleremos un bus para ir a Plaza de San Pedro e visita a Columnata de Bernini e a Columna Aureliana.

      - Venres 14 de xuño: saída do hotel as 10 da mañá para asistir a unha visita guiada ao Foro Romano. Pola tarde viaxaremos ata o Xardín do Lago e pola noite levaranse aos rapaces ao centro da cidade para que saian a tomar algo. O toque de queda será as 02:30 na entrada do hotel.

      - Sábado 15 de xuño: saída do hotel as 09:30 da mañá para ir a visitar o Estadio Olímpico de Roma. Recollida do bus as 12:30 para levarnos ao aeroporto e regreso a España.

Coliseo.


Foro Romano.
Praza de San Pedro.